O Concello da Pontenova organiza un curso de lingua galega que comeza este mércores, 12 de novembro

O Concello da Pontenova organiza un curso de lingua galega, aberto a todas as persoas, independentemente do seu nivel de coñecemento do idioma. Comeza este mércores, día 12 de novembro, coa presentación, que será ás 19:00 horas.

Desenvolverase os mércores de 19:00 a 20:00 horas na Aula da Casa da Cultura. Terá unha duración de 40 horas e será impartido polo profesor Xosé Lastra Muruais. É gratuíto e ao remate do curso o alumnado poderá prepararse para as probas CELGA, segundo o seu nivel.

As inscricións fanse no Concello da Pontenova contactando con Teresa (teléfono 982.34.22.77).