
A Agrupación Cultural e Musical Dambara, de Burela, organiza a Festa da Música este sábado, día 22 de novembro. Será na Praza de Abastos burelá desde as 13:00 horas. Están programadas unha vintena de actuacións musicais de diferentes estilos. Haberá xantar ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas.
“Achégase o Día da Música, que este ano celebrarémolo o sábado 22 durante todo o día e parte da noite. Agradecemos a participación de todos os grupos e individualidades a facer un día de vivencias e compartir baixo o lema da música un momento agradable”, anuncia Dambara.


