Santa Cilla, en Foz, celebra as súas festas patronais os días 22 e 23 de novembro

A parroquia de Santa Cilla, no concello de Foz, celebrará as súas festas na honra á súa patroa esta fin de semana, o sábado 22 e o domingo 23 de novembro.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Compostela. A partir das 15:00 horas celebrarase unha comida popular e desde as 18:30 horas haberá baile amenizado pola orquestra Compostela e DJ Cosme.

E o domingo ás 13:00 horas comezará unha sesión vermú a cargo do grupo Lume.

O recinto das festas estará cuberto con carpa e haberá calefacción.