
O Concello de Ourol está a organizar un Encontro de Maiores, para persoas de máis de 55 anos empadroadas no municipio. Terá lugar este domingo, día 30 de novembro, no Restaurante Louzao (Viveiro) ás 14:00 horas.
“Este encontro consistirá nunha comida amenizada con música en directo e sorteo sorpresa. Poderán acudir as/os cónxuxes que non estean empadroadas/os aboando o importe da entrada. Tamén poderán acudir as/os cónxuxes empadroadas/os que non reúnan o requisito de idade aboando o prezo da entrada. As persoas dependentes poderán acudir cun acompañante. Todas as persoas asistentes deberán recoller a súa entrada nas dependencias municipais”, anuncia o Concello de Ourol.
A participación é gratuíta para as persoas empadroadas e a data límite para anotarse é este xoves, 27 de novembro. O lugar para a recollida de entradas é o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57).


