
A parroquia ribadense de Rinlo celebrará unha festa gastronómica dedicada aos callos este domingo, día 30 de novembro, desde as 14:00 horas. É para colaborar coa comisión organizadora das festas patronais, na honra a San Pedro.
A asociación de veciños O Cantal, de Rinlo, anuncia: “este domingo, 30 de novembro, ás 14:00 horas na Escola Vella de Rinlo temos planazo! Anímate a vir ao noso almorzo especial, onde gozaremos duns callos feitos con moito agarimo, todo cun obxectivo precioso: colaborar coa Comisión de Festas de San Pedro. Ademais contaremos coa presenza do gran DJ Alejandro Martínez, que nos fará mover o esqueleto durante toda a tarde! E ás 18:00 horas chega o momento máis doce: chocolate con biscoito, rosquillas caseiras e algunha que outra sorpresa!”.


