
O Sindicato Labrego Galego organiza un curso gratuíto sobre xestión de novas pragas e enfermidades no cultivo da horta e da faba. Será en Lourenzá, concretamente na Aula de Formación do Multiusos Ponte de Cuñas, os días 1, 3 e 4 de decembro de 16 a 20 horas.
“Unha formación fundamental para as persoas produtoras”, destaca o SLG, que anuncia que está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.
As inscricións poden facerse a través do teléfono 698.15.96.67 ou do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal.


