A programación de Nadal en Mondoñedo inclúe 25 eventos ata o 5 de xaneiro

Mondoñedo anuncia unha programación de Nadal que “chega do esforzo conxunto do Concello e o tecido asociativo: un total de 25 eventos que se desenvolverán entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro”.

Este sábado, 6 decembro, ás 21:30 horas haberá unha cea solidaria co grupo de góspel Aba Taano na Finca San Antonio.

O venres 12 de decembro ás 18:00 horas inaugurarase a exposición de fotos antigas do mindoniense Pepe Pernas, pertencente ao fondo do Arquivo Provincial da Xunta de Galicia en Lugo; será na sala de conferencias do Pazo de San Tomé. Ás 19:45 terá lugar a inauguración das XXV Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía, no Pazo de San Tomé.

O xoves 18 ás 20:30 horas haberá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música O Pallarego, no auditorio municipal.

O venres 19 ás 20:30 horas, dentro do Ciclo de Teatro Francisco Piñeiro, terá lugar a representación da obra Aire Fresco, do grupo de teatro Ardora, de San Ciprián. Será no auditorio municipal.

O sábado 20 ás 13:00 horas haberá o concerto de panxoliñas Cantando ao Nadal, do Coro Mestre Pacheco, na Praza do Concello. E ás 20:30 horas, dentro do Ciclo de Teatro Francisco Piñeiro, representarase a obra Asasinato na tenda de roupa, do grupo de teatro do Hospital de Lugo, no auditorio municipal.

O domingo 21 ás 12:00 horas terá lugar a VIII Papanoelada Moteira con sesión vermú, callos, colchonetas e chocolatada. Será na Praza da Catedral e está organizada polo Motoclub Ruta N-634.

O mércores 24 ás 00:00 horas celebrarase a Misa do Galo, presidida polo Bispo Fernando García Cadiñanos, na Catedral.

O xoves 25 ás 12:00 horas haberá Misa de Nadal coa representación navideña dos nenos da catequese, na Catedral.

O venres 26 ás 20:00 horas, tamén na Catedral, terá lugar o Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Vilalba.

O sábado 27 ás 17:30 horas O Apalpador percorrerá as rúas do centro, organizado por Gaita Escola. Ás 19:00 horas inaugurarase o espazo Vila Nadal Mondoñedo, que albergará foodtrucks, exposición de Harry Potter, espectáculos infantís, musicais e postos con produtos desta época; estará na Praza da Catedral. E ás 00:30 horas comezará o Baile Pre Fin de Ano no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo.

O domingo 28 ás 12:30 horas Os Bolechas visitan Mondoñedo e estarán na praza da catedral. E ás 18:00 horas terá lugar o espectáculo musical Voces da Paula no Nadal, no auditorio municipal.

O martes 30 ás 18:00 horas haberá Precampanadas Infantís, con concerto gratuíto das famosas guerreiras K-POP na Praza da Catedral. E ás 23:30 horas celebrarase o Baile de Pre Fin de Ano co grupo Beatriz. Inclúe campanadas e cotillón e será na Praza da Catedral.

O mércores 31 ás 11:00 horas comezará a Andaina de Fin de Ano pola Ruta da Auga e o Camiño de Santiago (9 quilómetros en total). A saída desde a Praza da Catedral e para participar hai que anotarse previamente a través do teléfono 605.790.091. E ás 23:59 horas haberá as tradicionais Badaladas da Paula na praza da Catedral.

E o luns 5 de xaneiro celebrarase a cabalgata dos Reis magos: pola mañá as súas maxestades percorrerán as parroquias do municipio e pola tarde as rúas do casco histórico. Ás 19 horas farase a recepción dos Reis Magos no auditorio municipal, coa colaboración da AC Pasatempo, que ao remate ofrecerá unha chocolatada para todos os asistentes.