O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e a compañía teatral Andanzas ofrecen un espectáculo conxunto este venres, 13 de febreiro, no Teatro Pastor Díaz

O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e a compañía teatral Andanzas ofrecerán un espectáculo conxunto este venres, día 13 de febreiro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde.

O Concello de Viveiro anuncia que “con motivo do Día de San Valentín, Viveiro énchese de emocións, música e literatura. O Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro e o Grupo de Teatro Andanzas, de Viveiro, únense nun espectáculo único onde a música e a palabra dialogan sobre o escenario. Unha proposta cultural para sentir, escoitar e compartir”.