A asociación cultural de Cabarcos, en Barreiros, celebra unha comida popular este sábado, 28 de marzo

A Xunta de Galicia anuncia que apoia a celebración da I Comida Popular de Cabarcos, no concello de Barreiros, que convoca este sábado, día 28 de marzo, a asociación cultural San Xulián. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do evento xunto co presidente da entidade, Diego Dorrego, entre outros.

Arias destacou “a colaboración que mantemos cos colectivos locais para promover  actividades que reforcen a cohesión social, como este proxecto, impulsado polos mozos e mozas que integran a asociación cultural de Cabarcos e que recibiu unha gran acollida por parte da veciñanza”. Preto de 400 persoas inscribíronse xa para participar neste xantar popular.

A xornada terá lugar nunha carpa instalada no campo da festa e inclúe sesión vermú a partir das 13:30 horas, comida, animación musical a cargo de DJ Bombardero e a charanga Europa, e actividades infantís gratuítas, como inchables e pintacaras.