O Concello da Pontenova ofrece un campus de skate os días 31 de marzo e 1 de abril

O Concello da Pontenova ofrece un campus de skate os días 31 de marzo e 1 de abril, martes e mércores desta semana.

Esta actividade desenvolverase no polideportivo municipal Tito Margaride de 10:30 a 13:30 horas.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova (982.34.22.77).