A parroquia ribadense de Vilaframil terá a súa I Comida de Confraternidade este sábado, 11 de abril

Vilaframil celebrará a súa primeira Comida de Confraternidade este sábado, día 11 de abril, organizada pola asociación de veciñal desta parroquia do municipio de Ribadeo.

As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada por Ángel América, que tamén actuará no tardeo xunto ao grupo ribadense En faldas y a lo loco. Haberá bar e recinto cuberto con carpa.

A reserva de tiques para participar pode facerse ata este mércores, 8 de abril, no teléfono da asociación (636.91.16.42), en Mayva estética ou no Bar Stop.