O Conservatorio de Música de Viveiro organiza dous cursos gratuítos de iniciación para maio

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organiza dous cursos gratuítos de iniciación para este mes de maio.

O Concello de Viveiro anuncia que para nados en 2019 é un curso de iniciación musical e o prazo de matrícula é ata o 29 de abril. E para os que teñen de 8 a 14 anos é de iniciación ao instrumento (piano, guitarra, violín, gaita e moitos máis) e neste caso o prazo de matrícula está aberto os días 4 e 5 de maio. Tamén explica que “as prazas son limitadas, así que corre a formalizar a túa inscrición no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro”.