A Aula de Teatro Municipal de Ribadeo fará o seu debut o vindeiro 24 de maio

A Aula de Teatro Municipal de Ribadeo fará o seu debut o vindeiro 24 de maio na Festa das Cruces na Ponte de Arante. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “desde o pasado mes de marzo está a funcionar a Aula de Teatro en Ribadeo. Foi unha iniciativa que xurdiu desde a Área de Cultura do noso Concello”. E subliñou que “é a primeira vez que existe un Aula de Teatro Municipal en Ribadeo”.

A edil ribadense declarou: “estamos moi contentos de que esta iniciativa tivera una boa acollida. Trátase dun grupo de persoas de diferentes idades, que axudados por Rubén Pérez e Daniel Vázquez, traballan a expresión corporal, a vocalización e todo aquilo que é necesario para poñer en escena unha obra”.

Sanjurjo explicou que “despois de meses traballando parte destes actores e actrices van facer o seu debut participando na recreación da Batalla da Ponte na que loitamos cos franceses na guerra da independencia. Estará n xunto a Luis Iglesias e o bruxo Queiman. Ademais da propia batalla achegarannos a outros pasaxes da historia deste lugar do Camiño de Santiago. Será o domingo 24 de maio pola tarde dentro da celebración da Festa das Cruces na Ponte de Arante. Esperámosvos alí a todas e a todos. Eles merecen os nosos aplausos”.

Pola Aula de Teatro Municipal de Ribadeo pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.