O 6 de xuño haberá na Pontenova unha xornada de concienciación sobre a EPOC e o Déficit de Alfa-1 Antitripsina

A Asociación Carro Tarabelo, en colaboración con Alfa España, EPOC España (Asociación Española de Pacientes e Coidadores de EPOC) e o Concello da Pontenova, organiza o día 6 de xuño, sábado, a Ruta Galaico-Asturiana, unha xornada de concienciación sobre a EPOC e o Déficit de Alfa-1 Antitripsina.

A actividade incluirá unha ruta de sendeirismo de dificultade baixa-media entre San Tirso de Abres e A Pontenova, así como unha comida comunitaria ao remate do percorrido.

Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 3 de xuño.

A organización anuncia que proporcionarán apoio en coche “para axudar a quen o precise ao longo da ruta, promovendo así unha participación máis accesible”.