Xove acolle este sábado, 4 de xullo, unha xornada de concienciación cidadá e monitorización da contaminación plástica mariña

En Xove este sábado, día 4 de xullo, ás 12:00 horas a praia de Esteiro será o escenario dunha xornada de limpeza e monitorización de contaminacion plástica mariña organizada por Universal Plastic dentro da estratexia de sostenibilidade e innovación do Resurrection Fest, que “continúa reforzando o seu compromiso co territorio máis aló do ámbito musical”.

O Concello de Xove explica que “durante a actividade voluntarios e técnicos rexistrarán informacion sobre os residuos encontrados seguindo protocolos científicos, xerando datos ambientais que posteriormente serán integrados no espacio de datos ONDAS, unha infraestructura dixital desarrollada por Universal Plastic para transformar informacion dispersa en intelixencia útil para a toma de decisións públicas. A iniciativa enmárcase dentro dos obxetivos do ODS 14 de Naciones Unidas (vida submarina) e contribúe ao desarrollo de novas ferramentas para mellorar a xestión das costas, fortalecer a resilencia dos ecosistemas mariños e apoiar políticas públicas basadas en datos. Cada limpeza non só retira plástico do medio natural. Tamén xera información que permite comprender millor cómo chega a contaminacion, cómo evoluciona e qué medidas poden aplicarse para prevenila. A tecnoloxía utilizada durante a xornada forma parte dun proxecto financiado pola Secretaría do Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA) para o desarrolo dun espacio de datos especializado en contamiación plástica mariña, conectado con ODIS, o sistema internacional coordinado pola Comisión Oceanográfica Intergubernamental da UNESCO (UNESCO-IOC)”.

A xornada contará coa participación do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Cecilia Duarte, “poñendo en valor o papel que poden desempeñar as administracións locais na incorporacion da innovación tecnolóxica e a xestión dos seus recursos naturais”.

O Concello de Xove engade que “os datos obtidos permitirán identificar patróns de acumulación de residuos e apoiar futuras estratexias de conservación e mantemento da praia de Esteiro, contribuíndo a preservar un dos principais activos turísticos do municipio. O obxetivo é que esa información xerada axuda a desarrollar solucións cada vez máis eficaces para manter as praias en mellores condicións durante todo o ano, reforzando a imaxe de Xove como un destino comprometido coa sostenibiliade e a calidade ambiental”.

Con esta iniciativa Resurrection Fest “dá un paso máis na súa estratexia de responsabilidade corporativa, incorporando a xeracion de datos ambientais como parte do seu compromiso co territorio onde se celebra o festival. A colaboración con Universal Plastic permite que as accións ambientais non se limiten a unha limpeza puntual, senon que contribúan a creación do coñecemento ciéntifico e ferramentas dixitais que poderán ser utilizadas por administracións públicas, investigadores e entidades ambientais para mellorar a xestión do litoral”.