A segunda andaina “O Vicedo en marcha contra o cancro” será o 19 de xullo

A segunda edición da andaina O Vicedo en Marcha Contra o Cancro celébrase o domingo 19 de xullo ás 11:00 horas con saída dende a Ponte Vella sobre o Sor ata o Parque de O Vicedo. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo estará aberta a todas as idades. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online nesta páxina: https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/o-vicedo-en-marcha-contra-o-cancro-2026.  Remata o prazo de inscricións online o venres 17 de xullo, ás 14:00 horas e presencialmente do 13 ao 17 de xullo de 11:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo. O mesmo día do evento, 19 de xullo, ás 10:00 horas no punto de saída:a Ponte Vella sobre o Sor.

Dende a Asociación Española Contra o Cancro agradecen o patrocinio de Solán de Cabras; e a colaboración do Concello de O Vicedo e Eroski Center. E explican que as persoas que se inscribiron de forma online poderán recoller a súa camiseta o propio día da andaina no punto de saída, a Ponte Vella sobre o Sor ata o Parque de O Vicedo, a partir das 10:00 horas. Ademais anuncian que “ao finalizar a andaina haberá un tentempé para os asistentes. Se non podes participar podes colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Todo o que se recade destinarase a seguir mellorando a vida das persoas con cancro e as súas familias, e a impulsar a investigación oncolóxica, para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030. Grazas O Vicedo! Por participar e por a vosa solidariedade”.