O programa do XXVI Mercado Medieval de Alfoz do Castrodouro inclúe actividades para os días 17 e 18 de xullo

O programa do XXVI Mercado Medieval de Alfoz do Castrodouro inclúe actividades para os días 17 e 18 de xullo, venres e sábado desta semana.

O venres será a Noite da Véspera e ás 22:00 horas o Mariscal dará a benvida a veciños e visitantes e abrirá as portas da Torre. Ás 22:30 comezará a arder a Cerna da Istoria. Ás 22:45 horas haberá danzas medievais (As Doncelas de Reirado toman o patio de armas coa súa arte). Ás 23.00 celebraranse vodas medievais oficiadas por D. Fadrique de Guzmán. E ás 23.30 horas haberá música por conta de Xaramolos.

E o sábado é o Día do Mercado e están programadas estas actividades: “ás 10.45, roteiro guiado A sombra das lendas, da man de Guía tu día. Percorrido con inicio na Ponte Nova da Seara e remate no mercado (para participar hai que anotarse no teléfono 654.99.68.57). Ás 11.45 horas, desfile inaugural de personaxes e persoeiros dende o Mirador da Paz ata a Torre e pregón do artista alfocense Hipólito Xeada. Ás 12:30 o Mariscal Pardo de Cela e o Bispo Fadrique de Guzmán nomean e bendicen ós Escudeiros do Castrodouro e o seu Alfoz e animación con Upsala Medieval. Ás 13.00 horas Mircromina Títeres presenta A Princesa no Camposo dos Títeres. ÁS 13.30, demostración de cetrería na Aira de María. Ás 14.00 horas, Asedio ás tabernas: A Fonda do Cabaleiro, con viño e torrezmos, e A Todamira, con cervexa e bolos preñados, sacian a fame e levan os nosos sentidos ao medievo. Ás 14.30 é hora de xantares e desfrute da oferta gastronómica dos postos do mercado. Co son de Souto Xímaro arranca a tarde, mentres Aris o Argulario segue a facer das súas ... Ás 16.00 horas, animación coas mozas de Yemaya. Ás 16.30, Xogos Valecos no Mesón da Torre (Loitas de brazos, lanzamentos de caguña, carreiras de pipotes...). Ás 17.30 horas, cetrería: na Aira de María as aves voan de novo. Ás 18.30 o tempo detense e o Palenque do torneo é o protagonista: Animación con Yemaya e Upsala Medieval; Hora das Freguesías. Veciños e visitantes amosan a súa forza e destreza. Tiro de corda, carreira de sacos...; Revolta Irmandiña Infantil. Os pequenos rebélanse contra os abusos do poder. Xogos ecuestres. Ás 21.00 horas, primeiro sorteo de cestas (donativo de comercios locais). Ás 21.30, gran Cea Medieval. Á luz do lume cearemos mazá, bolo preñado, panceta, xamón cocido, pan e viño. Agasallo do prato e cunca conmemorativos desta XXVI edición. Ás 22.30 horas, canzas medievais coas Doncelas de Reirado. Animación con Yemaya. Ás 23.15, escenificación A ponte que detén o tempo (obra de Pepe Peinó). Remata con conxuro e queimada. E segundo sorteo de cestas (donativo de comercios locais); e ás 00.00 horas, concerto final con Upsala Medieval”.

Ademais a organización do evento anuncia que “ao longo de todo o día haberá demostracións de oficios tradicionais: pequenos e maiores poderán cocer o seu pan, participar en obradoiros de artesanía e deixar voar a súa ilusión cos xogos do Prado dos Soños. Tamén haberá actuacións itinerantes de música con Upsala Medieval, de animación con Yemaya e de maxia con Aris o Argulario. Os tickets para a cea medieval poderán adquirirse na Torre Fortaleza. O prezo será de 18 euros por persoa e dá dereito á cea, á queimada e ós correspondentes prato e cunca conmemorativo do XXVI Mercado Medieval de Alfoz”.