Do 22 ao 24 de xullo terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa en Foz

Acia Foz-CCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo, que son o mércores, xoves e venres desta semana.

Durante esas xornadas Fóra Stocks máis de 30 establecementos comerciais sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.

Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 34 negocios, que son: 5 Lobiños, Aira Estudio, Alain Afflelou Foz, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mi Casa, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Thecé, Unique, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, destaca que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o verán e para a volta o cole a moi bos prezos. Esta é unha campaña tradicional na época estival en Foz, que ten unha grande acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”.

A campaña foi presentada cun acto no que participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a concelleira de Comercio, Kathy Navarro; e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.

Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.