Ría de Abres (Trabada) acolle este venres, 11 de setembro, a presentación do libro “El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo”

O Concello de Trabada anuncia que este venres, día 11 de setembro, ás 19:00 horas o Centro Social de Ría de Abres acollerá a presentación do libro de José Antonio Gómez Martínez titulado El ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo.

Esta públicación é “unha obra que contribúe a recuperar e poñer en valor a historia do ferrocarril de Villaodrid a Ribadeo. Unha oportunidade para coñecer mellor a historia dun ferrocarril que tivo unha importante presenza e deixou a súa pegada no noso territorio”, destaca o Concello de Trabada.