En Ribadeo haberá unha charla sobre prevención de lesións no atlestimo este venres, 23 de outubro

Este venres, día 23 de outubro, o Club A Mariña Atletismo organiza, en colaboración con BeOne, unha charla sobre prevención de lesións.

Será impartida por Noelia Gómez, fisioterapeuta especializada no manexo da dor do aparato locomotor e do exercicio terapéutico e poderán asistir todos os soci@s do Club A Mariña Atletismo e de BeOne.

Esta actividade terá lugar na Casa de El Viejo Pancho ás 20:00 horas.