
Este sábado, día 24 de outubro, o hotel Leytón, de Foz, acollerá ás 14:00 horas unha comida baile a beneficio da loita contra o cancro, que contará tamén cun sorteo de agasallos.
A organización deste evento explica que a entrada custa 40 euros, dos cales 15 euros se destinan á doazón.
As reservas poden realizarse ata este xoves, 22 de outubro, no propio hotel ou no teléfono 646.545.388.


