
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta nos Bosques de Santa Eufemia, no municipio asturiano de Vilanova de Oscos, este domingo, día 8 de novembro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 09:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 5 de novembro.


