
Este venres, día 6 de novembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova terá lugar a xornada De Corazón a Corazón. Forma parte da iniciativa denominada Lugo de corazón a corazón, que achega información e formación sobre hábitos saudables, control dos factores de risco e actuación ante unha emerxencia cardiovascular. Poderán asistir un máximo de 50 persoas.
Está promovida pola Asociación Cardiolóxica Lucense (ACARLU) co apoio da Deputación de Lugo.


