Este sábado, 7 de novembro, haberá magosto tradicional en Mondoñedo

Este sábado, día 7 de agosto, haberá un magosto tradicional en Mondoñedo.  Será na Praza do Concello, pero en caso de choiva trasladarase aos soportais da catedral. Repartiranse castañas, viño e chocolate.

Ás 18 horas haberá Truco ou Trato de Samaín polas rúas do centro e ás 20 horas comezará o magosto tradicional coa música de Os Carricantos.

Está organizado pola asociación cultural O Pasatempo.