
O Concello de Cervo programa este sábado, día 21 de novembro, en Trasbar, un novo Guateque de Arruguiñas, que se suma ao magosto organizado pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar.
A programación desenvolverase no Local Social de Trasbar. A partir das 20:00 horas haberá un magosto con castañas asadas, bocadillos de panceta e animación. Xa ás 22:00 horas o dúo Caramelo porá a música en directo “para animar a noite e convidar ao baile”, anuncia o Concello de Cervo.


