Na Pontenova haberá un obradoiro de cerámica este domingo, 29 de novembro

A Pontenova acollerá un obradoiro de cerámica este domingo, día 29 de novembro, de 11 a 13 horas, no Local das Sociedades.

É unha actividade organizada pola asociación Carro Tarabelo, que anuncia: “apetéceche desconectar e crear algo coas túas mans? O domingo 29 de novembro imos pasar un anaco xenial no Local das Sociedades cun novo obradoiro de cerámica da man de Daniela Krpan. ​Imos estar de 11:00 a 13:00 horas modelando e aprendendo. Non importa se vés sen experiencia previa. O prezo é de 45 euros e inclúe todos os materiais e a cocción da peza. ​Para traballar cómodos, as prazas son limitadas a 10 persoas!  ​Anímate a apuntarte ou a preguntar calquera dúbida escribindo por WhatsApp ao 646.85.15.87 (Eva)”.

O prazo de inscrición está aberto ata este xoves, 26 de novembro.