A novela “Burela”, do escritor brasileiro Efigênio Moura, será presentada o 1 de decembro en Ribadeo

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que o martes 1 de decembro ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho será presentado o libro Burela, unha novela do escritor brasileiro Efigênio Moura ambientada na vila mariñá de Burela.

“É na vila de Burela onde Sabela, unha muller que vai perdendo pouco a pouco o dominio do seu propio corpo, a fala e as lembranzas; porén, é quen de conservar a memoria dun amor que mantivo en segredo”, explica a agrupación Francisco Lanza, que engade: “Efigênio Moura (19-3-65) naceu en Monteiro, Parabía. Desde 2009 ten publicado varios libros entre novela e relatos infantís e xuvenís. A súa primeira obra foi Eita Gota!; despois, seguirían Ciço de Luzia, Sertāo de Bodoconga ou a triloxía Pedro Jeremias, entre outras. Máis información sobre o autor e a súa obra en: https://pgl.gal/atraves-editora-publica-burela-romance-do-escritor-brasileiro-efigenio-moura/”.