Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta polas Fragas do Eume. Será o 13 de xaneiro.

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 13 de xaneiro, unha ruta polas Fragas do Eume no Camiño da Ventureira. O percorrido é de 8 quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro. Para asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 11 de xaneiro ás 20:00 horas.

A organización recomenda levar calzado apropiado e bastón xa que a metade da ruta é próxima ao río polo que é esvaradía.