A restauradora Blanca Besteiro ofrecerá unha conferencia obradoiro sobre as pinturas murais da Basílica de San Martiño o 27 de xullo.

A restauradora Blanca Besteiro García ofrecerá unha conferencia obradoiro sobre a recuperación das pinturas murais da basílica de San Martiño.

O acto está programado para este venres, día 27, ás 17:00 horas no salón de actos do Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo, no municipio de Foz.