Pasada das Cabras organiza unha ruta ás Medulas, no Bierzo, o 8 de setembro. O percorrido será de 12 quilómetros.

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta ás Médulas, no Bierzo, este sábado, 8 de setembro.

O percorrido de 12 quilómetros é de dificultade baixa. A saída será as 7:00 horas da estación de autobuses de Burela.

O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro.