Os Sendeiros organiza a súa 10ª Marcha Nocturna en Foz para o 14 de agosto. Sairá da praza do Concello e rematará a carón da Rapadoira.

Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza a décima edición da súa marcha nocturna en Foz para o día 14 de agosto, mércores. Sairán ás 22:00 horas desde a Praza do Concello para rematar xunto á praia da Rapadoira, onde haberá chocolatada e churros gratis para os participantes.

Os interesados poden inscribirse a través dos teléfonos 606.79.41.10 ou 670.36.90.17 ou ben enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es. O prazo para apuntarse remata o 12 de agosto, luns.

Os participantes deberán levar lanterna ou farol.