AciaFozCCA organiza unha nova edición das xornadas dos doces afrodisíacos do 11 ao 14 de febreiro para celebrar San Valentín.

Para celebrar San Valentín AciaFozCCA organiza unha  nova edición das xornadas dedicadas aos doces afrodisíacos do venres 11 ao luns 14 deste mes. Serán elaborados por tres pastelerías (Amarena, Anduriña e Xoyma), terán un prezo de 2 euros e entre os clientes que os compren sortearanse 10 vales de compra de 50 euros cada un. O sorteo será en RadioFoz o día 16 de febreiro, mércores.

As xornadas dos doces afrodisíacos foron presentadas polos representantes das tres pastelerías presentes nesta cita desde o seu inicio: Fernando López, de Xoyma; Ángeles Casas, de Amarena; e Moncho Castro, de Anduriña. 

O presidente de AciaAFozCCA, José Carlos Paleo, anima a participar “nestas xornadas gastronómicas tan doces”, a facer as compras para agasallar no Día dos Namorados nos establecementos comerciais focenses, que “ofrecen numerosas propostas para todos os gustos e a celebrar o Día de San Valentín na nosa hostalería”.