
Alana e Lina e Lola tocarán este venres, día 14 de agosto, nas festas do San Roque de Viveiro. O trío coruñés, que achega a música tradicional á electrónica e ao pop, e o grupo de pandereteiras do Morrazo actuarán na Praza Maior, dentro da programación musical que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa para fomentar a presenza da música en galego en celebracións e escenarios musicais de toda a provincia.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro valorou “o interese da xomisión en incorporar ao programa das festas a música galega e en galego, que priorizamos desde a área de Cultura” e sinalou “ a importancia de incluír estas propostas no programa dunhas festas patronais, para achegar a un público máis amplo e diverso os grupos e artistas que xurdiron en torno á renovación da música tradicional”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo destaca que “os concertos, a partir da medianoite, reforzan o programa musical das festas, que contan cunha ampla axenda de actividades culturais, lúdicas e populares, que comeza oficialmente o venres co pregón e o izado de bandeiras”.


