A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola ruta dos Viñedos de Belesar, no concello de Chantada, para o 13 de abril, sábado. A distancia a percorrer son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 10 de abril, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 (Mahía) ou 658.09.71.33 (Miguel). O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.