Ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música de Xove.

Dende o 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días  incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a  Preinscrición para o Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Tamén  poden realizar esa preinscrición   online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es.

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro  de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.022/23. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a FORMALIZAR  A SÚA MATRÍCULA deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos email        carolina@xove.es  ou xulianogueira@gmail.com, a seguinte documentación:   o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 € en concepto de matrícula por alumno e curso completo no nº de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Santander ATA O 14 DE OUTUBRO (INCLUÍDO) de 2022. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2021/2022 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o  pasado  mes de xuño.