
Canedo, no concello de Lourenzá, celebrará a Festa da Nosa Señora da O esta fin de semana, desde o venres 16 ata o domingo 18 de maio
As actividades comezarán o venres con pulpada e churrascada a partir das 21:00 horas. E despois haberá verbena coas orquestras Los Satélites e Marbella.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Miramar, que tamén actuará na verbena, a partir das 23:00 horas, xunto á orquestra Acordes.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Acordes.
A organización das festas destaca que dispoñen de carpa e amplos aparcamentos.