Cris de Caldas ofrece o monólogo “Dona Emilia a Señora Carme”, este domingo, 15 de xuño, en Celeiro de Mariñaos (Barreiros)

Este domingo, día 15 de xuño, ás 19:00 horas comeza na Escola de Celeiro de Mariñaos o programa cultural A Voltas Cos Contos, organizado polo Concello de Barreiros. A cita será con Cris de Caldas, que, combinando historias reais e versións persoais dalgúns dos contos de Emilia Pardo Bazán, ofrece Dona Emilia e a Señora Carme, un monólogo que recupera a figura e obra da condesa.

O programa A Voltas Cos Contos está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.