Do 10 de xullo ao 31 de agosto terán lugar as actividades de verán organizadas polo Concello de Burela para as nenas e nenos nados entre 2010 e 2016.

As actividades de verán organizadas polo Concello de Burela terán lugar do 10 de xullo ao 31 de agosto, segundo deu a coñecer esta mañá o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2016. 

O edil burelés explicou que “as actividades de verán realizaranse dende o 10 de xullo ata o 31 de agosto. Haberá xogos na praia os luns, rutas en bici os martes, happy dance os mércores, que será impartido por Belinda (Ximnasio Hawk) e rutas de sendeirismo os xoves. O prezo da actividade será de 8 euros ao mes por actividade e para anotarse hai de prazo dende o vindeiro luns, 3 de xullo, e ata o mércores, 5 de xullo, na Casa da Xuventude dende as 08:00 da mañá”. 

Carlos Méndez engadiu que “a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición.  Poderán participar na actividade todos os nenos e as nenas nados entre os anos 2016-2010”.