As escolas deportivas municipais de Alfoz ofertan para o curso 2023-24 patinaxe e atletismo.

Dende a Área de Deportes do Concello de Alfoz organízanse unha serie de actividades para os nenos de 4 a 16 anos: clases de patinaxe os luns a dende as 16:00 ata as 18:00 horas, en dous grupos de 1 hora; e atletismo, que terá lugar os venres de 16:00 a 17:00 horas. Ambas actividades levaranse a cabo no pavillón municipal de Alfoz.

O prazo para inscribirse en calquera destas actividades finalizará o día 25 de setembro, e poderase facer tanto a través da Sede Electrónica como na Oficina de Rexistro, na Casa do Concello.