Este domingo, 7 de abril, en Burela haberá un mercadiño en beneficio do Festival Osa do Mar. Está organizado por Fanto Fantini coa colaboración do Concello

O Concello de Burela colabora na organización dun mercadiño en beneficio do festival Osa do Mar impulsado polo colectivo Fanto Fantini, entidade organizadora do propio evento.

O mercadiño terá lugar este domingo, día 7 de abril, de 11:00 a 19:00 na praza da Mariña, ou na praza de Abastos se chove. As persoas interesadas en participar cun posto todavía están a tempo de inscribirse, podendo contactar coa organización con tal motivo no correo fantofantinicomunicacion@gmail.com

O 25% do recadado ao longo da xornada será destinado a financiar o Osa do Mar, un festival de música sen animo de lucro que se celebra cada ano en Burela. Este ano, o evento terá lugar os días 6, 7 e 8 de setembro.

Xa está confirmado que esta nova edición do festival Osa do Mar contará cos concertos de artistas tan destacados como o son Cala Vento, Futuro Alcalde, Jordana B, Mondra, Tanxugueiras e The Rapants.