Dos días 13 ao 16 de setembro celébranse en Mondoñedo as festas patronais da Virxe dos Remedios.
A ofrenda este ano correrá a cargo do Concello de Ribadeo e terá lugar o domingo 15. Como é tradición, unha representación do Concello de Ferrol desprazarase a Mondoñedo para asistir a unha nova edición da ofrenda á patroa diocesana.
No programa de festexos figuran a IX Xuntanza de Cantos de Taberna e o Mercadillo dos Remedios ademais do II Desfile co Traxe Tradicional.
O venres 13 haberá a actuación de DJS no Camiño. O sábado14 encargaranse da parte musical as orquestras Zafiro e Israel; o domingo 15 as orquestras Galilea e Finisterre; e o luns 16 o grupo Trébol.
Tamén no apartado musical, intervirán a Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo, o grupo de jazz da Escola de Música O Pallarego de Mondoñedo, a Agrupación Musical Virxe do Carme de Ferrol e o Coro Mestre Pacheco de Mondoñedo.
Organizan e colaboran na organización destas festas: a Asociación Cultural Virxe dos Remedios, Concello de Mondoñedo e Concello de Ribadeo.