A I Carreira Popular San Silvestre de San Ciprián (Cervo) disputarase o 31 de decembro

A primeira edición da Carreira Popular San Silvestre, de San Ciprián (Cervo) disputarase o día 31 de decembro, mércores, desde a Praza dos Campos a partir das 12:00 horas. Está organizada polo Club de Trail A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.

“Anímate a despedir o ano correndo na I Carreira Popular San Silvestre A Fume de Carozo! O vindeiro 31 de decembro San Ciprián encherase de deporte, diversión e ambiente familiar cunha proba pensada para todas as idades”, anuncia o Concello de Cervo.

A inscrición é totalmente gratuíta.