Mondoñedo acollerá o 6 de outubro a presentación do libro "De función pública. Cómo va el mundo?". Organiza: Mariña Patrimonio.

A asociación Mariña Patrimonio organiza a presentación dun libro do xeólogo e ensaísta asturiano Jaime Izquierdo Vallina que ten como título ‘De función pública. ¿Cómo va el mundo?’, ilustrado polo artista mariñán Xosé Blanco e editado por Krk Ediciones. O acto terá lugar no Pazo de Santomé (Mondoñedo) ás 19:30 horas do día 6 de outubro, venres, e nel intervirán o autor Jaime Izquierdo mailo ilustrador Xosé Blanco.

Mariña Patrimonio explica que “nesta obra, unha recompilación de artigos publicados polo autor en distintos medios de prensa ao longo dos últimos anos, abórdase a situación de abandono que sofre o medio rural, patrimonio natural e cultural imprescindible para garantir o futuro da nosa sociedade. Desde unha perspectiva, tanto científica coma humanista, o autor ofrece as claves que permiten comprender este fenómeno e as posibles solucións”.