Na cabalgata de Reis de Riotorto, que será este venres, 5 de xaneiro, haberá un agasallo para todos os nenos que asistan

Na cabalgata de Reis de Riotorto, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, desde as 20:30 horas haberá un agasallo para todos os nenos que asistan e actuará o coro e o grupo de gaitas de Riotorto.

Os Reis Magos farán un percorrido polas rúas do concello e está previsto que cheguen ó salón de actos ás 21:00 horas. No Centro Sociocultural servirase un chocolate e roscón de Reis totalmente gratuítos.

Está organizada polo Concello de Riotorto e aquelas persoas que desexen colaborar na cabalgata deben chamar ao teléfono 982.34.62.22.