No Centro de Día A Concordia, de Ribadeo, haberá obradoiros de pintura interxeracional de figuras do Belén os días 2 e 3 de xaneiro

Os días 2 e 3 de xaneiro de 2024, en horario de 11:00 a 13:00, realizaranse obradoiros de pintura interxeracional no Centro de Atención a Persoas Maiores A Concordia (coñecido como o Centro de Día), coa colaboración do Concello de Ribadeo.
 
Están dirixidos á rapazada entre 10 e 14 anos e as inscricións, que son gratuítas, poden formalizarse na Casa da Xuventude ou nos teléfonos 982.129.889 e 638.299.573 ata o 18 de decembro.

Os organizadores explican: “temos como obxectivo a creación colectiva dun particular nacemento onde o abano de posibilidades xurdirá da creatividade conxunta. As actividades interxeracionais son unha aposta importante no proxecto do Centro de Día. A experiencia e os coñecementos das persoas usuarias do CAPM serán a ponte viva cara á nosa historia e tradicións”.