O sábado, 12 de agosto, celébrase en Viveiro a XXXIII edición do Festival Coral de Música Popular. Terá lugar na Praza Maior a partires das 21:00 horas.
Actuarán a Coral Polifónica da Sca Atlántica de Matamá, de Vigo, dirixida por Enrique Lorenzo Vila; a Coral Liceo de Noia baixo a dirección de Domingo Barreiros Lago; o Coro Mineiro de Turón (Asturias) dirixido por Ángel Albarracín Veses, e a Coral Polifónica Aborada, de Viveiro, coa dirección de Luis Vicente Fernández Prieto.
Este Festival Coral de Música Popular está organizado pola Coral Polifónica Alborada de Viveiro coa colaboración da Federación Coral Galega e o patrocinio do Concello de Viveiro.