O 27 de outubro estará na Libraría Bahía, en Foz, a tradutora e editora Celia Recarey

O venres 27 de outubro estará na Libraría Bahía, ás 20:30 horas, Celia Recarey.

Celia Recarey, ademais de tradutora, é editora de Irmás Cartoné, que  publica traducións ao galego de novelas de distintas tradicións literarias e de distintas épocas.

As súas traducións son exquisitas así como a propia edición das mesmas. Conta entre as súas autoras con nomes como Virginia Wolf, Silvia Plath ou Margaret Atwood.

Desde a Libraría Bahía explican que “falaremos con Celia sobre a vida dunha pequena editorial, a tradución literaria nos tempos da intelixencia artificial, a selección de títulos a editar, e moitos outros temas ben interesantes para calquera que ame a literatura”.