O CIR de Benquerencia (Barreiros) organiza unha viaxe cultural á Conca Mineira asturiana para este domingo, 14 de decembro

O Centro de Instrucción y Recreo (CIR) de Benquerencia, no municipio de Barreiros, organiza unha viaxe cultural á zona coñecida como Conca Mineira asturiana para este domingo, día 14 de decembro.

A saída será ás 07:00 horas desde O Canteiro. Inclúe almorzo nun restaurante en ruta, visita guiada ao museo da siderurxia (MUSI), espicha tradicional e xantar, e viaxe guiada a un ecomuseo.