O Concello da Pontenova organiza obradoiros de dixitalización, que se desenvolverán do 19 ao 28 de febreiro

O Concello da Pontenova anuncia que está aberto o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Dixitalización do INECO, que se desenvolverán do 19 ao 28 de febreiro na Casa da Cultura, e explica que os participantes aprenderán “a traballar coa banca dixital e compra online: bizum, declaración da renda, modos de pago; a manexarse coas diferentes plataformas de saúde pública: citas médicas, informes médicos; a conseguir/renovar o certificado dixital; entre outras cousas”.

As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova, que é o 982.34.22.77.