O Concello da Pontenova organiza un campamento de verán para rapaces de 3 a 14 anos. Será do 26 ao 28 de xullo e do 1 ao 5 de agosto.

O Concello de A Pontenova, xunto a GameSport, organiza un campamento de verán para nenos/as de 3 a 14 anos, que  contará con diversas actividades como obradoiros, excursións, xincanas, multideporte, busca do tesouro e moitas máis sorpresas.

Levarase a cabo de 10:00 a 14:00 horas os días 26, 27, 28 e 29 de xullo e 1, 2, 3, 4 e 5 de agosto. O prezo será de 20 euros para os empadroados no concello e 50 euros para os non empadroados.

Hai un límite de 60 prazas. As persoas que queiran inscribirse poden facelo na Casa do Concello da Pontenova ou chamando ao 982 342 277 ata o 18 de xullo.